Vodafone TV incorpora os contidos de FOXNOW

martes, 11 de decembro do 2018 Marcus Fernández

O servizo de streaming de Fox Networks Group, FOXNOW, chega a Europa en exclusiva a través de Vodafone TV, facilitando aos consumidores o acceso á carta aos contidos das canles FOX e FOX Life, incluíndo un grande número de tempadas completas de series como The Walking Dead, Deep State, False Flag, Legión, Vis a Vis, The Gifted, The Orville, Prison Break, The Resident, The Chi, Sin Palabras ou The Mick, ás que uniranse durante 2019 as novas estreas do estudio, segundo se vaian estreando, como The Passage, Proven Innocent, Single Parents e The Cool Kids.
A oferta de FOXNOW completarase coas últimas tempadas do resto de series emitidas por FOX e FOX Life como Anatomía de Grey, Bull, MacGyver, Hawaii 5.0, Seal Team, NCIS LA e moitos outros títulos.
Estes novos contidos estarán dispoñibles para os clientes de Vodafone Total a través da sección de Videoclub a partires do 14 de decembro. A nivel de contidos Vodafone TV tamén incorporará unha nova canle, NationalGeographic+, co mellor da programación de National Geographic e National Geographic Wild, dispoñible para ver cando se queira, agrupando os contidos por temáticas.
Vodafone tamén adianta que nas vindeiras semanas irán implementando de xeito gradual novas funcionalidades, como a incorporación da aplicación de Vodafone TV para Samsung Smart TV, Vodafone TV será compatible con Chromecast (facilitando así que os contidos escollidos dende o móbil poidan verse no televisor sen fíos), o servizo de televisión contará cun modo infantil (no que poden establecerse límites como control de tempo de visionado ou hora de ir á cama, e a aplicación de Vodafone TV Online tamén contará coa posibilidade de descargar os contidos para poder velos sen conexión.
Adicionalmente, entre os días 14 de decembro e 15 de xaneiro os clientes de Vodafone TV Esencial e Vodafone TV Extra poderán gozar no seu decodificador de todas as canles incluídas no paquete Vodafone TV Total e das canles á carta Cazavisión, Iberalia e Baby TV totalmente de balde e sen ter que activalos.

PUBLICIDADE