Vodafone Yu quere que os estudantes contraten conexións de fibra

luns, 20 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O operador Vodafone non só inicia hoxe a súa promoción de volta ao cole para os seus clientes converxentes, senón que tamén lánzase a captar como clientes a estudantes que demandan unha conexión de fibra de alta calidade, aos que propón a contratación da Fibra Yuser, oferta de Vodafone Yu que por 34 euros/mes achega 120 Mbps de fibra simétrica e 6 meses de HBO España sen custo adicional, coa posibilidade de suspender o servizo durante 3 meses para os períodos do ano nos que non se atopen os estudantes na súa residencia habitual. A Fibra Yuser non terá nin cota de alta nin instalación cunha permanencia de 12 meses.
Até o momento Vodafone Yu era un servizo dirixido a comercializar tarifas móbiles a mozos, pero con estrea de conexións de fibra óptica amplíanse as miras desta canle de Vodafone con grande visibilidade en plataformas dixitais (en boa medida pola súa forte aposta polos contidos patrocinados). Paralelamente ao lanzamento da fibra tamén ten unha promoción cun 30% de desconto durante 12 meses para contratos de Mega Yuser, o que por 14 euros/mes permiten gozar de 3,5 GB de datos (con consumo ilimitado de redes sociais e mensaxería), 60 minutos en chamadas e chamadas de balde entre usuarios Yu.

PUBLICIDADE