Vodafone confÃrmase como o operador móbil con mellor rede en España
martes, 21 de novembro do 2017
A compañÃa internacional de servizos de consultorÃa, enxeñarÃa
e probas, P3, repetiu
este ano o seu Mobile Benchmark en España para medir a calidade dos
servizos de telefonÃa móbil dos 4 operadores con rede de seu, conseguindo uns
resultados moi semellantes aos do ano pasado, ou sexa, confirmando que Vodafone
é o operador que ofrece o mellor servizo no territorio español e incluso
distánciase máis dos seus competidores.
Para o estudo realizaron probas por 17 das cidades máis grandes de España, cada
unha con máis de 100.000 habitantes, aÃnda que tamén visitaron poboacións máis
pequenas, circulando tamén por estradas e autoestradas, conseguindo asà uns
datos bastante exhaustivos das redes de telefonÃa 4G, que non paran de mellorar
en calidade. Este percorrido pola xeografÃa española fÃxose nun vehÃculo equipado
cun sistema para recoller as mostras de calidade dos distintos operadores, e no
caso galego fixeron parada en Vigo e VerÃn.
P3 Connect considera que a calidade de servizo de Vodafone é notable
(conseguindo unha puntuación de 902 puntos), mentres que Movistar (836) e
Orange (832) quedarÃan cunha nota de ben e Yoigo (741) terÃa que conformarse
cun suficiente. Como curiosidade, no servizo de voz Orange conseguiu colocarse
nun segundo posto grazas a ofrecer VoLTE, aÃnda que cómpre advertir de que tal
resultado correspóndese ás grandes cidades, mentres que en vilas e estradas
Movistar continúa a ofrecer un mellor servizo.
AÃnda que os servizos de voz presentaron uns resultados moi semellantes aos das
probas de 2016, no que a datos se refire a mellora foi importante,
especialmente en poboacións pequenas, onde melloraron a súa rede todos os
operadores.
Para unhas medicións máis completas P3 Connect engadiu este ano como factor o crowdsourcing, para o que colleron datos
de dispoñibilidade de rede de xeito masivo para medir a excelencia operacional,
confirmando que as redes móbiles españolas son moi estables. Durante as probas
realizadas entre agosto e outubro só detectaron unha breve incidencia na rede
de Vodafone o 2 de outubro pola tarde e outra de Yoigo o 16 de agosto pola
mañá, que non terÃan impacto dabondo como para mudar os resultados xerais.
