Vodafone e CARTO presentan un servizo de Big Data para empresas e administracións públicas
martes, 27 de febreiro do 2018
Vodafone España presentou
hoxe Vodafone Analytics, a súa ferramenta de Big Data baseada na
xeolocalización, servizo que responde á crecente demanda das administracións
públicas e empresas que necesitan penetrarse no universo Big Data para dar
mellores servizos aos seus cidadáns e aos seus clientes, pero atópanse con
limitacións para facelo con garantÃas.
Vodafone
Analytics dá resposta as principais freos para a dixitalización e a
adopción do Big Data na empresa ao presentarse como unha solución alcanzable e
sinxela de manexar para a que non é necesario contar con especialistas ou
expertos en temas de Big Data ou en analÃtica de datos dentro das organizacións
para aproveitar o seu rendemento.
A ubicuidade dos dispositivos móbiles e a xestión de rede que realiza Vodafone
son os principais valores que fan posible ofrecer ás empresas valiosa
información que lles permita posicionarse dunha forma máis competitiva nos seus
respectivos mercados. Vodafone conta con ao redor do 25% do mercado móbil
total, o que lle fai posible ofrecer un conxunto de datos moi significativo.
Os datos que se obteñen da rede de Vodafone (mediante a agregación anónima de
datos) cobren grande parte do que os clientes fan cos seus dispositivos;
lugares visitados, permanencia nunha localización, duración de chamadas, sitios
web visitados, comportamentos de compra, aplicacións preferidas... Todo iso,
combinado con datos que proporcionan terceiros, permite obter tendencias que
poden chegar a ser moi útiles para a administración pública e as empresas.
Aplicación para empresas e para administracións
O sistema de comercialización desta ferramenta está adaptado á necesidade
exposta polo cliente, en cuxas particularidades está baseada a plataforma. A
través dunha cota mensual, os clientes obterán licenzas de uso para acceder ao
servizo e obter información concreta do que están a buscar, adaptada ao seu
mercado ou zona xeográfica. A plataforma é sinxela de manexar e moi intuitiva
para a que non é necesario contar con especialistas ou expertos en temas de Big
Data ou en analÃtica de datos dentro das organizacións para aproveitar o seu
rendemento.
No caso das empresas, a aplicación de tecnoloxÃas relacionadas co Big Data
axudaralles a ser máis eficaces dentro dos seus mercados ao poder adecuar a súa
estratexia dunha forma máis acertada. A aplicación práctica fará posible: usar os datos para axudar á o sector retail a
comprender a competencia; segmentar a demanda potencial; xestionar o seu stock;
determinar a localización das novas tendas; realizar unha publicidade exterior
máis efectiva; e estudos de detalles dunha área de influencia concreta.
A información dispoñible inclúe análise de fluxos de persoas, diferentes perfÃs
sociodemográficos, asà como análises por dÃa, hora e distancia do punto de
interese.
No caso das Administracións Públicas, Vodafone Analytics permitirá facer un
seguimento da afluencia nas cidades con fins de planificación: urbanismo; conxestión
do tráfico; xestión de multitudes; transporte público; comprender os patróns de
turismo e o seu comportamento proporcionando información baseada na
localización; hoteis, restaurantes e outros servizos; mellorar o servizo ás
persoas que viven ou traballan nunha cidade usando a análise de mobilidade; e analizar
o impacto dos eventos ou acontecementos que teñen lugar nunha zona.
Cumprimento estrito das polÃticas de protección de datos
A finalidade das tecnoloxÃas baseadas en Big Data é desenvolver coñecementos
útiles e rendibles, tanto para empresas como para institucións e
administracións públicas. Todo o procesamento de datos persoais que leva a cabo
Vodafone cumpre estritamente coa regulación de protección de datos vixente, asÃ
como o novo regulamento de protección de datos que entrará en vigor en maio
2018. O obxectivo principal é asegurar que os clientes estean debidamente
informados sobre que tipo de datos vai procesar Vodafone e con que fins imos
usar esa información.
Nesta mesma liña, non é posible acceder a ningún tipo de dato persoal de
individuos concretos, xa que a información preséntase de forma agregada por
núcleos poboacionais concretos. O uso de datos agregados e anonimizados
significa que non se usan datos que permitan situar ou contactar con
individuos.
CARTO, socio de innovación
Vodafone Analytics preséntase sobre CARTO, unha plataforma que facilita a
transformación de datos xeolocalizados en decisións que xeran mellores
resultados de negocio. A plataforma open source de CARTO permite descubrir
dunha maneira sinxela e visual onde ocorren as cousas. CARTO acelera a
innovación, contribúe a mellorar a eficiencia, e rompe cos modelos de negocio
tradicionais debido a que facilita a toma de decisións a través do uso de Location
Intelligence.
