Vodafone estrea OneNumber, o seu servizo de multi-SIM virtual

xoves, 13 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Apple anunciou onte que a eSIM do Apple Watch e dos novos iPhone Xs, Xs Max e Xr sería compatible coa rede de Vodafone, e a operadora confirma hoxe tal información anunciando Vodafone OneNumber, un servizo que permite aos clientes ter a mesma experiencia do seu smartphone noutros dispositivos, mantendo o seu número de teléfono e tarifa, independentemente do dispositivo que se utilice e sen a necesidade de levar o smartphone consigo, ou sexa, que no caso do Apple Watch o usuario sen mudar a súa SIM nin dar de alta novas liñas poderá levar no reloxo os datos, as mensaxes de texto e os minutos de voz da súa tarifa actual.
Vodafone OneNumber permite conectar ata 4 dispositivos adicionais o smartphone, e de xeito progresivo irá incorporando dispositivos compatibles como smartwatches, wearables, altofalantes conectados e outros smartphones.
O servizo está dispoñible dende hoxe mesmo para clientes particulares de contrato e microempresas, estando incluíndo nas tarifas de alto valor (One L, Red L e +Líneas L), mentres que o resto de tarifas de contrato terán que pagar 5 euros/mes para gozar do servizo que non ten nin cota de alta nin compromiso de permanencia. Este novo servizo será de balde durante os primeiros 3 meses, para permitir que os usuarios o proben.