Vodafone estrea SuperPass como resposta aos «gigas infinitos»
venres, 13 de abril do 2018
Esperábase
que o lanzamento da tarifa
de Yoigo con «gigas infinitos» tivese consecuencias na competencia, e agora
Vodafone
está a permitir incorporar ás súas tarifas converxentes os seus distintos Vodafone
Pass agrupados nun novo SuperPass, o que supón datos ilimitados no móbil
para vÃdeo, redes sociais, música, mapas e chats, o que case unha tarifa sen lÃmites,
xa que os contidos que quedan fóra (principalmente as páxinas web) supoñen un volume
de datos moi reducido no consumo móbil medio, e que dificilmente serÃa posible
esgotalo só con navegación web móbil.
Como exemplo desta nova tarifa promocionan que Vodafone
One 120 Mb | L con SuperPass e 20 GB adicionais no móbil terÃa un prezo de
95 euros/mes os 6 primeiros meses (103 euros/mes máis adiante).
Lembremos que Vodafone ten actualmente os Vodafone Pass para redes sociais,
mapas e música a 3 euros cada un respectivamente, e o Pass para vÃdeo a 8 euros/mes,
e dado que o Pass de redes sociais xa está incluÃdo en moitas das tarifas, o SuperPass
non supón ningún cambio a nivel de prezo, xa que supón o pagamento de 14
euros/mes (equivalente á contratación dos distintos Pass por separado).
Queda agora por ver se o resto de grandes operadores moverán ficha para ofrecer
cadansúa tarifa con datos móbiles ilimitados ou algo semellante.