Vodafone impulsa o teletraballo na totalidade das súas plataformas de atención ao cliente

xoves, 16 de abril do 2020 S. P.

Vodafone segue avanzando postos entre as operadoras máis activas durante o Estado de Alarma, achegando solucións, mellorando servizo e poñendo en marcha iniciativas solidarias. A máis recente contribución da compañía vai directa aos traballadores das súas entidades colaboradoras. Vodafone puxo á sa disposición unha solución pioneira que lles permite traballar dende os seus domicilios “como o farían no seu posto de traballo habitual, con independencia de onde se atope o seu fogar”. Os seus colaboradores (16 provedores) están repartidos en 26 localizacións diferentes e España.
Trátase de profesionais de atención telefónica en plataformas e call centers. Desenvolven algunhas das tarefas máis primordiais da cadea de servizo de Vodafone: atención ao cliente, información comercial, soporte técnico, atención en redes sociais e chat para os seus clientes particulares e empresas. En palabras da operadora, o fornecemento da dita solución “trátase dun plan de acción sen precedentes”.
Seguridade e normalidade
A solución, “eficaz e segura” en palabras da operadora, permite seguir prestando un servizo de calidade aos clientes de Vodafone “sen afectar as taxas de abandono de chamadas” e mantén “a funcionalidade normal” dos servizos previos a esta crise do coronavirus. Ademais, os axentes poden acceder a información e formación específica online, continuando co seu plan de formación habitual. Ademais, para aqueles axentes que non dispuñan de conectividade no seu domicilio, Vodafone proporcionoulles un módem 4G que garante que poidan traballar con normalidade ao tempo que poñen en xogo elementos extra de “seguridade e fortaleza”.

PUBLICIDADE