Vodafone integra DAZN na súa oferta audiovisual
martes, 20 de febreiro do 2024
Hai anos que Vodafone abandonou a guerra do fútbol, e deixou de ofrecer LaLiga aos seus clientes, o que demostrou ser todo un acerto (xa que o custo dos dereitos de retransmisión eran moi superiores aos ingresos dos potenciais subscritores), pero agora anuncian o regreso do fútbol de xeito indirecto, xa que veñen de chegar a un acordo con DAZN para incorporar fútbol e outros deportes á súa oferta audiovisual.
A partir do 21 de febreiro os clientes de Vodafone poderán contratar tres plans diferentes de DAZN sen ter que contar con ningún pack de televisión adicional e sen compromiso de permanencia.
O plan máis completo é o DAZN Total, que por 29,99 euros/mes achega 5 partidos de LaLiga EA Sports por xornada dun total de 35 xornadas (175 partidos por tempada), os resumos de todos os partidos da xornada e de LaLiga Hypermotion, asà como todo o contido do plan Esencial.
O plan DAZN Esencial ofrece, por 19,99 euros/mes deportes de motor, fútbol, tenis, boxeo, MMA, MotoGP, Formula1, Premier League e todo o contido do plan Victoria.
E o plan DAZN Victoria ofrece, por 9,99 euros/mes, o mellor fútbol feminino.
Os contidos de DAZN estarán dispoñibles directamente dende os decodificadores de Vodafone TV 4K e 4K Pro e a través das aplicacións de DAZN para distintos dispositivos (móbiles, tabletas, televisores, consolas e web).
- Os 3 plans de DAZN que poden contratarse a través de Vodafone