Vodafone lanza novas tarifas prepago con máis GB e minutos

luns, 4 de maio do 2020 S. P.

Vodafone España presentou hoxe a súa nova liña de tarifas para os clientes de prepago, unha volta nos paquetes da operadora que ofrecen, oportunamente nestes tempos de COVID-19 e desescalada paulatina, máis datos e máis minutos de chamadas internacionais e internacionais. As novidades non implicarán un aumento de prezo para os usuarios novos e actuais de prepago. As novas tarifas estarán dispoñibles dende este mércores 6 de maio.
Estes son os novos paquetes:
· Prepago S (actual tarifa Vodafone Básica): ofrece 6 GB de navegación, chamadas ilimitadas a todos os prepagos Vodafone e 300 minutos nacionais e internacionais a 56 destinos por 10 euros.
· Prepago M (actual tarifa O Meu País): ofrece 12 GB, minutos ilimitados para chamadas nacionais e 800 minutos para 56 destinos internacionais.
· Prepago L (actual tarifa Vodafone Traveller): ofrece 25GB de navegación e chamadas ilimitadas nacionais por 20 euros.