Vodafone lanza tarifas para demandantes novos de emprego e colectivos vulnerábeis
xoves, 8 de abril do 2021
Vodafone
lanza tarifas para xente nova que se atope buscando emprego e para
colectivos vulnerábeis. Os requisitos para poder acceder a elas
son ter menos de 30 anos, estar nunha situación de desemprego ou
beneficiarse do Ingreso MÃnimo Vital. Doutra banda, Vodafone ofrece
acceso a plataformas de formación online por medio de Udemy e Future
Jobs Finder.
A
empresa, baixo o lema Together
We Can,
quere
botar unha man nestes tempos de crise sanitaria, económica e social,
baseándose na
universalización das
novas tecnoloxÃas. Desta forma, Vodafone lanza para os menores de 30
anos a tarifa Heavy Yuser, que conta con dúas modalidades. A
primeira, Heavy Yuser Fifty – Fifty, inclúe 30 GB acumulables e
Gbps
e chamadas ilimitadas por 10 euros ao mes. A segunda modalidade, que
recibe o nome Heavy Yuser + Internet, ten o mesmo máis chamadas
ilimitadas, e router
4G. O prezo é de 25 euros ao mes.
Ambas
promocións pódense contratar de forma sinxela na web. Os
interesados deberán anexar a documentación precisa e a súa
acreditación conforme se atopan nunha situación de desemprego. As
tarifas teñen un vigor de 6 meses. Pasado o prazo, os clientes
deberán presentar de novo os documentos.
Para
as persoas beneficiarias do Ingreso MÃnimo Vital, existen tamén
varias tarifas. A promoción Conectados, que inclúe 15 GB e chamadas
ilimitados por 10 euros ao mes, e a tarifa One Conectados, que contén
o mesmo máis o
router
4G. O prezo desta última é de 25 euros ao mes.
Neste
caso, as promoción teñen vixencia dun ano, prorrogable outro ano a
maiores se os clientes acreditan a percepción do IMV. As propostas
estarán dispoñibles na web dende o 19 de abril.