Vodafone reforza o seu catálogo de smartphones 5G con modelos a menos de 300 euros

venres, 3 de xullo do 2020 S. P.

Vodafone España comezou o mes de xullo dando un paso a prol da democratización dos smartphones con 5G, poñendo un feixe de modelos a disposición dos usuarios por menos de 300 euros. O obxectivo da operadora é permitir que a meirande cantidade de xente poida sacar proveito das principais vantaxes da súa rede de alta velocidade móbil (dispoñíbel a día de hoxe en 21 cidades), por exemplo velocidades de descarga de até 1 Gbps e latencias inferiores a 10 milisegundos. Trátase dun catálogo total de 15 smartphones con desconto, tres dos cales destacan polo seu prezo relativamente accesíbel.
Os terminais 5G dispoñíbeis actualmente coa operadora por menos de 300 euros son o Huawei P40 Lite 5G (novo), o Samsung Galaxy A51 5G e o Xiaomi Mi 10 Lite 5G.
Por outra banda, no rango comprendido entre os 300 e os 800 euros, ofrécense os seguintes dispositivos: Huawei P40 Pro, Oppo Find X2 Pro, Oppo Find X2 Lite, Samsung Galaxy S20 5G, Samsung Galaxy A90, Xiaomi Mi Mix3, Xiaomi Mi 10 5G, Nubia Red Magic 5G Lite, LG V50 e LG Velvet 5G (novo).
Por máis de 800 euros, achéganse os seguintes: Samsung Galaxy S20 Ultra 5G, Samsung Galaxy S20+ 5G, Samsung Galaxy Note 10+ 5G e Samsung Galaxy S10 5G.
Amais, a operadora informou que durante os meses de xullo e agosto, estes smartphones 5G contan cun amplo abano de ofertas especiais, algunhas delas exclusivas ao adquirilos con Vodafone. Por exemplo, o agasallo dun set de auriculares Galaxy Buds+, ou o regalo de contar, de balde durante tres meses, do seguro Vodafone Care Protección Total.
Vodafone lembra tamén que é “a única operadora en España que ofrece redes 5G aos seus clientes”. Actualmente 21 cidades en España teñen cobertura 5G para máis do 50% da poboación, o que nos permite gozar da velocidade e latencia ultrabaixa que ofrecen as redes de nova xeración.

PUBLICIDADE