Volve e-Destrezas cunha nova manda de recursos para mellorar competencias dixitais
martes, 17 de xaneiro do 2023
Entre
o 31 de xaneiro e o 28 de abril desenvolveranse os
oito cursos do programa gratuíto de formación e-Destrezas que a
Vicerreitoría de Extensión Universitaria oferta para o segundo
cuadrimestre do curso 2022-2023 co obxectivo de desenvolver e
mellorar as competencias dixitais do alumnado,
PAS e PDI da UVigo. A oferta comezará co curso Fundamentos
de Ofimática con Microsoft Office
e rematará con Iniciación
á programación con Scratch e Arduino.
Outros
serán Tradución
Asistida: MemoQ; Análise de datos: Excel; Impresión 3D; Xestión de
proxectos: Microsoft Project; Fundamentos de Deseño e Autocad e
Edición
de vídeo e son dixital para a web.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través do Campus
Activo da Uvigo.
“A
adquisición de competencias dixitais é unha necesidade e unha
esixencia dos actuais sistemas de ensino universitario no marco da
Europa do coñecemento e a universidade debe responder a nova
expectativas como a aprendizaxe ao longo da vida, o desenvolvemento
de habilidades multidisciplinares e as competencias no uso e no
manexo de información”, explican desde a Vicerreitoría de
Extensión Universitaria.
Os
cursos, de 30 horas de duración, que inclúen seis sesións de catro
horas presenciais e seis horas de traballo non presencial, e que
están organizados coa colaboración do Consello Social da UVigo,
desenvolveranse en formato virtual a través de Campus Remoto. Ao
rematar a formación, as persoas participantes recibirán un diploma
acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con
recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada
30 horas cursadas.