WhatsApp compartirá información dos seus usuarios con Facebook (agás que se opoñan)
xoves, 25 de agosto do 2016
Dende
WhatsApp veñen de modificar as súas condicións de servizo, creando certo
malestar entre os usuarios que ven con certa desconfianza os pasos que poderÃa
dar a ferramenta de mensaxerÃa agora que é propiedade de Facebook, pois aÃnda
que polo momento insisten no feito de que non publicarán nin compartirán os
números de WhatsApp con terceiros (incluÃndo a Facebook), si admiten que
realizarán outras actividades con Facebook para facer seguimento das
estatÃsticas sobre o uso dos seus servizos ou combater asà mellor o spam en WhatsApp.
Dende WhatsApp consideran que conectar o número de teléfono do usuarios cos
sistemas de Facebook poden axudar a ofrecer mellores suxestións de amizades ou
para ofrecer anuncios máis relevantes, e precisamente para regular esta
posibilidade é polo que están a realizar certas modificacións nas condicións de
uso do servizo.
A intención de WhatsApp é compartir certa información con Facebook e as súas
empresas, como serÃa o número de teléfono rexistrado en WhatsApp e a última vez
que se empregou o servizo, ou sexa, información que normalmente compartimos cos
nosos contactos, mentres que as comunicacións entre usuarios continuarán a ser
totalmente privadas, pero o curioso deste importante cambio é que non se
aplicará de xeito forzoso, senón que os usuarios teñen a opción
de non permitir compartir a súa información privada con Facebook.
Dende WhatsApp aseguran que o intercambio de datos facilitará unha mellor
medición dos usuarios únicos, facilitará combater as mensaxes non solicitadas e
o abuso, e conseguirá unhas mellores suxestións de amigos en Facebook e unha
publicidade máis relevante, insistindo no feito de que aÃnda non permiten anuncios tipo banner por parte de terceiros en
WhatsApp (aÃnda que non o desbotan, xa que a aplicación actualmente é de balde)
e a explotación comercial que están a explorar consistirÃa en facilitar a
comunicación de comercios e empresas cos seus clientes, por exemplo, para
intercambiar información de pedidos, transaccións, citas, entregas,
actualizacións de produto... ou sexa, o tipo de comunicacións que actualmente
recibimos a través de e-mail ou SMS, e que a través de WhatsApp aÃnda non
contan cunha canle regulada para facer tal.