WhatsApp elimina as cotas de subscrición
luns, 18 de xaneiro do 2016
Cando hai preto de tres anos WhatsApp comezou a facer
efectiva a necesidade de pagar unha subscrición anual para poder acceder ao seu
servizo, creouse bastante rebumbio porque moitos usuarios entendÃan que era de
balde porque, aÃnda que se indicaba en todo momento que só era de balde o
primeiro ano, o feito de que transcorrido tal tempo a renovación estaba a
facerse de balde de xeito automático, fixo que o público entendese que xa non
se terÃa que pagar por usar a popular aplicación de mensaxerÃa instantánea.
Dado que moitos usuarios non tiñan configurado un método de pagamento no seu
móbil, WhatsApp tivo que artellar distintos mecanismos para facilitar tal
operación, pero en certos mercados continua a ser demasiado complicado realizar
un micro-pagamento, o que levou agora a que decidisen finalmente eliminar
as cotas de subscrición de WhatsApp, segundo anunciou hoxe Jan Koum, un dos
fundadores da compañÃa.
Koum asegurou nunha conferencia
en Munich que o sistema de pagamentos non funciona ben (xa que as tarxetas
bancarias non son algo que estea ao acceso de toda a poboación mundial), e
aÃnda que polo momento non deixan entrever como farán para que o servizo poida
ser rendible se non cobran polo mesmo, dende WhatsApp non queren pór barreiras
ao uso da súa plataforma. Koum concreta que polo momento non teñen pensado
introducir publicidade de terceiros na aplicación, pero si poderÃan comezar a
facilitar o uso de WhatsApp por parte de empresas, por exemplo, para enviar
códigos de autorización para operacións bancarias ou para que unha liña aérea
poida dar conta do retraso dun voo, usos que actualmente non estaban permitido
por parte de WhatsApp (que só aceptaba o uso persoal da súa plataforma). Dito
doutro xeito: WhatsApp explorará novas ferramentas que melloren o servizo e que
non supoña molestar aos usuarios con publicidade e spam.
Deste xeito, WhatsApp parece que vai seguir o mesmo camiño que Facebook
Messenger, converténdose nunha plataforma de balde para o público masivo, pero
con servizos para empresas que poidan facer rendible o servizo.
Durante a súa intervención no congreso DLD Koum tamén asegurou que WhatsApp non
almacena datos persoais, agás os números de teléfono, non conservando as mensaxes
nos seus servidores, xa que están orientados á comunicación e non ao
tratamento de datos, o que deberÃa ter aos seus usuarios tranquilos e que
explicarÃa en boa medida os problemas de entendemento que teñen con algunhas
autoridades xudiciais e gobernamentais, que buscan controlar o servizo dun
xeito que non é posible (e que poderÃa estar detrás do conflito que hai entre
WhatsApp e as autoridades brasileiras).
Actualmente WhatsApp ten 430 millóns de usuarios activos diariamente (boa parte
en Europa), con máis de 60.000 millóns de mensaxes intercambiadas ao dÃa, polo
que estamos ante unha plataforma que continúa a medrar en uso, chegando a
converterse en moitos mercados como o auténtico vampirizador das mensaxes de
texto no móbil.