WhatsApp estrea modo escuro
mércores, 22 de xaneiro do 2020
Nos últimos meses son cada vez máis as aplicacións que
adoptan a tendencia de presentar a opción de amosarse nun modo escuro, que pode
resultar máis agradable á vista en certas condicións e aproveitar mellor a baterÃa
de móbiles con pantallas AMOLED, e dado que esta posibilidade está integrada no
propio sistema operativo (en Android, a partires da versión 10) é só cuestión
de tempo que case todas as aplicacións conten con este modo, sendo unha das
máis esperadas WhatsApp, que esta noite estreou oficialmente o modo escuro na
súa versión de proba.
Dende WhatsApp levan meses experimentado co modo escuro, de xeito que habÃa
trucos para poder activalo, pero finalmente só é preciso estar adherido ao
programa de beta de WhatsApp para poder gozar do modo escuro, que pode
activarse dende a configuración dos chats, sendo recomendable reasignar tamén o
fondo para que sexa acorde á nova configuración de cores.
No caso de WhatsApp cómpre dar conta de que este modo escuro non é todo o escuro
que serÃa desexable, pois non opta por un fondo en negro puro, que serÃa o que
realmente suporÃa un grande aforro de enerxÃa (xa que nas pantallas AMOLED a
cor negra conséguese apagando os pÃxeles, de xeito que temos unha opción
que principalmente é estética, e que agradecerán especialmente os usuarios que
estean en contornos con pouca iluminación (onde o fondo branco das aplicacións
pode resultar molesto para a vista).
Tras á incorporación a WhatsApp Messenger (beta) é só cuestión de tempo (probablemente
só uns dÃas) que o modo escuro chegue á versión ordinaria da aplicación, que
recibe actualizacións cunha frecuencia moi inferior (o que resulta moito máis
cómodo para os usuarios).