WhatsApp permite reaccionar a mensaxes con calquera emoticona
luns, 11 de xullo do 2022
Hai un
par de meses WhatsApp
incorporou as reaccións como un xeito de dinamizar as respostas mediante un
mecanismo que consegue respostas máis rápidas e divertidas e, especialmente,
reduce a cantidade de ruÃdo nos grupos, pero esta forma de comunicarse de xeito
minimalista vén de renovarse de xeito que xa non limita as reaccións a un
reducido grupo de emoticonas, senón que deixa
que os usuarios elixa a emoticona que desexen como reacción.
Agora, cando queremos reaccionar a unha mensaxe, aparte das emoticonas predeterminadas,
atoparmos un sÃmbolo de + que, ao premelo, permÃtenos elixir todas as emoticonas
dispoñibles en WhatsApp.
A nova funcionalidade iniciou hoxe o seu espallamento, polo que algúns usuarios
aÃnda poderÃan tardar algúns dÃas en recibila, pero semella que a meirande
parte dos usuarios xa contan coas reaccións ampliadas, o que axudará a comunicacións
máis fluÃdas e con menos mensaxes innecesarias nas conversas.
