WhatsApp recibe múltiples funcionalidades novas
xoves, 10 de abril do 2025
WhatsApp continúa a presentar novas funcións e actualizacións para a súa aplicación móbil, e dado que foron bastantes as novidades que foron incluÃndo e están a ultimar, decidiron facer un resumo destas novas funcións nunha publicación do blog seu oficial.
Entre as novidades destacan que nas conversas en grupo, cando entramos, podemos ver (baixo o nome do grupo) cantos membros están conectados, e na configuración das notificacións podemos escoller entre recibir todas as notificacións ou só as destacadas (que serÃan as correspondentes a mencións, respostas e mensaxes de contactos gardados).
Aparte de crear eventos en grupos, tamén é posible crear eventos en conversas indivisuais. Tamén se engadiu a opción de confirmación de asistencia como tal vez. As reaccións agora tamén se poden tocar (para comprobar as reaccións dos demais e axilizar o envÃo da nosa).
As chamadas tamén reciben novidades, como poder realizar ampliacións de imaxe separando os dedos sobre a pantalla durante unha videoconferencia; as videochamadas son agora máis fluÃdas ao adaptarse mellor ao largo de banda dispoñible; e tamén permiten que engadir a alguén a unha chamada en curso a través dunha conversa.
As canles de WhatsApp tamén contan con novidades como permitir aos admisnitradores o envÃo de notas de vÃdeo (mensaxes de até 60 segundos de duración), nas canles tamén é posible obter transcricións de voz e, os administradores das canles tamén poden agora compartir códigos QR que dirixen ás canles como un xeito sinxelo e compartilas con outras persoas e ampliar o público.