Windows Phone recupera a aplicación nativa de YouTube
mércores, 14 de agosto do 2013
A relación entre Microsoft e Google ao redor de Windows
Phone é un tanto tensa, o que resultou evidente co conflito provocado co
lanzamento dunha aplicación
de Google por parte de Microsoft, que desapareceu da tenda de aplicacións
para verse substituÃda por unha simple ligazón á versión web de YouTube para
volver nas últimas horas pola porta grande, pois non se limita a facilitar a
exploración de vÃdeos, senón que tamén permite a subida de contidos
directamente dende o móbil, a busca mediante voz, a suxestión de palabras chave
nas buscas e a reprodución de retransmisións en directo.
A aplicación facilita a xestión do noso perfil de YouTube; a xestión da
listaxes de reprodución, cargas e listaxes de vÃdeo; permite atopar canles,
vÃdeos e listaxes de reprodución a través da barra de busca de acceso rápido;
compartir vÃdeos en redes sociais, por correo electrónico e por SMS; e permite
restrinxir os contidos para adultos no Rincón
Infantil.
Temos asà unha ferramenta que axústase ás demandas de Google (entre outras
cousas, elimina a posibilidade de descargar os vÃdeos para almacenalos no móbil
e poder velos sen conexión) e está dispoñible tanto para Windows Phone 7.x como
para Windows Phone 8.