Windows Phone supera o 10% de cota de mercado nos principais paÃses europeos
luns, 2 de decembro do 2013
O último
informe de Kantar Worldpanel ComTech relativo ao trimestre que rematou o pasado
outubro no mercado da telefonÃa móbil amosa interesante datos, como o feito de
que o iPhone 5C e 5S contribuÃsen a mellorar a presenza comercial de Apple, ou
que Windows Phone estea a mellorar significativamene a súa cota de mercado en
Europa.
No caso de Apple, o feito de ter novos produtos era evidente que mellorarÃa as
súas vendas, pero nesta ocasión era interesante mirar con lupa a reacción do
mercado, pois o iPhone 5C supón unha xogada sen precedentes, que poderÃa
apuntar a levar o smartphone de Apple a un público máis amplo, pero que non
parece funcionar como se esperaba, se atendemos a feitos como a que en
Reino Unido o iPhone 5S vendeu o triplo nos últimos meses. En contraste,
preto da metade dos compradores dun iPhone 5C viñan de empregar un móbil de
compañÃas como Samsung e LG (mentres que o 80% dos compradores dun iPhone 5S
tiñan anteriormente outro iPhone).
Os terminais de baixa gama de Nokia tamén estarÃan a ter un grande impacto no
mercado, disparando a presenza de Windows Phone, que nos cinco principais mercados
europeos (Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e España) pasarÃa dun 4,8% das
vendas de smartphones hai un ano a un 10,2% actual. Contrasta que en España os
móbiles de Microsoft só conseguen unha cota do 4,3%, o que compensan Reino
Unido (co 11,9%), Francia (12,5%) e Italia (16,1%).
Entre os datos rexistrados por Kantar podemos destacar que Windows Phone
consegue consolidarse como o segundo sistema operativo móbil, adiantando a iOS;
e en España empatan Apple e Microsoft (4,3%) e a cota de BlackBerry cae dun 3,4% a un 0,0% (a caÃda máis
pronunciada da compañÃa canadense de todos os datos publicados no seu último
informe).
