Xa é posible portabilizar a Nintendo Wii

martes, 31 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran levar a súa nova consola Nintendo Wii a calquera lugar poden convertela case nunha consola portátil grazas a Century Direct CY-997, que é unha pantalla de 7 polgadas e 880 gramos de peso que integra tanto a barra de infravermellos coma os altofalantes que permiten facer un uso completo da última consola doméstica de Nintendo con só contar cun enchufe para conectalo á corrente.
O CY-997 mide 215 x 170 x 70 mm e se vende no Xapón por 14.800 iens (91 euros), polo que o seu prezo é o suficientemente axustado como para que sexa unha adquisición interesante para os que non queiran prescindir da súa consola durante as vacacións, aínda que a pequena pantalla que fai portátil a consola tamén dificulta xogar dende lonxe da mesma.

PUBLICIDADE