Xa está dispoñible o emulador de Commodore 64 para o iPhone
luns, 7 de setembro do 2009
Nos últimos meses a App
Store de Apple rexeitou distintas aplicacións dedicadas á emulación por
software doutras plataformas de hardware, pero nas últimas horas sorprenderon
ao aprobar C64, un emulador dun
ordenador Commodore 64 desenvolvido por Manomio, que está á
venda por 3,99 euros, incluÃndo os xogos Dragons Den, Le Mans, Jupiter Lander, Arctic Shipwreck e Jack
Attack, e agardándose que en breve inclúa tamén a posibilidade de descargar
distintos videoxogos do clásico ordenador doméstico de 8 bits que sexan do
agrado dos máis nostálxicos.
Estamos ante un emulador totalmente legal, que busca recuperar multitude de
xogos clásicos adaptados á pantalla do iPhone e iPod Touch, funcionando tanto
en formato vertical (dividindo a pantalla nunha área de xogo e outra de
control) coma en horizontal (estando a interface de control superposta ao vÃdeo
do xogos, como acontece con moitos dos tÃtulos actuais para o iPhone), o que
permite que o usuario elixa se xogar a pantalla completa ou a media pantalla.
De ter unha boa acollida poderiamos estar ante a primeira de moitas aplicacións
que recuperen plataformas clásicas de xogo.
Demostración do funcionamento do emulador do Commodore 64
