Xa está en liña o dicionario galego das TIC
venres, 11 de decembro do 2009
O Dicionario Galego das TecnoloxÃas da
Información, digaTIC, desenvolvido dende a Asociación de Enxeñeiros
de Telecomunicacións de Galicia co financiamento da ConsellarÃa de Innovación e
Industria da Xunta de Galicia, xa está dispoñible a través da web, de xeito que
facilita á comunidade tecnolóxica a consulta dun amplo léxico técnico en galego
que facilite a utilización e a propagación da nosa lingua nese ámbito,
aglutinando un traballo conxunto de tecnólogos das TIC, deseñadores de
aplicacións, docentes, lexicógrafos… que dende novembro de 2008
colaboran na procura dun conxunto de termos de proveito para todas
as áreas técnicas do coñecemento.
Esta versión dixital conta con 4.000 termos e vai
presentarse oficialmente o vindeiro dÃa 15 no Hotel Porta do Camiño de Santiago
de Compostela.

- As definicións que aparecen no digaTIC son bastante completas
