Xcanvas: pantallas planas de LG para decorar a mansión
luns, 26 de marzo do 2007
LG non ten destacado precisamente por poñer no mercado trebellos tecnolóxicos exclusivos para cenmileuristas, pero coa nova serie Xcanvas semella querer satisfacer a toda costa as arelas de todas esas persoas que mesmo lle poñen xemelgos de ouro á chaqueta do chándal. As pantallas planas das que falamos non terÃan máis repercusión senón fose por un detalle: levan marco de madeira italiana de nogueira, polo que LG quere matar dous paxaros dun tiro: por unha banda achega un obxecto tecnolóxico de última xeración e pola outra non quere descoidar as inquietudes ornamentais dunha parte dos seus clientes. Ou sexa: que se non temos un filme de xeito a man, sempre podemos mirar para a pantalla coma se dun cadro se tratase.
A única pega que se lle ve é que, a diferenza do común dos televisores, corre o risco de non encaixar en tódolos fogares, como non encaixarÃa moito un mordomo inglés nun piso de estudantes. Tecnicamente falando, a pantalla ten 13 polgadas máis cás do resto da serie Xcanvas (co que sitúa en 60) e inclúe disco duro, XD Engine, dobre sintonizador e sistema Picture in Picture.