Xiaomi entra nunha listaxe negra dos EE.UU.

venres, 15 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

A poucos días para o cesamento de Trump como presidente dos EE.UU. continúa a súa loita comercial contra China, e agora chega por sorpresa a incorporación de Xiaomi á listaxe de empresas militares da China Comunista que operan directa ou indirectamente nos EE.UU., ou sexa, que as empresas estadounidenses teñen até o 21 de novembro para desfacerse das súas posibles participacións en Xiaomi, ou sexa, que non se trata dun bloqueo das cadeas de subministros como acontece con Huawei, pero podería ser a antesala de novas medidas contra o fabricante chinés que máis pulo colleu nos últimos anos.
Polo momento non parece que esta medida vaia ter un impacto significativo, sorprendendo que EE.UU. decidise actuar contra Xiaomi xa que a marca é relativamente descoñecida alí, dando a impresión de que queren adiantarse para evitar que chegue a ter unha presenza comercial semellante á que ten en Europa, pois non podemos esquecer que en países como España o fabricante chinés tardou uns poucos anos en introducirse comercialmente e chegar a liderar as vendas superando amplamente a grandes fabricantes como Samsung e Apple.

ACTUALIZACIÓN: Xiaomi realizou un comunicado sobre a medida aprobada polo Departamento de Defensa dos EE.UU. no que asegura que Xiaomi cumpre escrupulosamente a lexislación nas xurisdicións nas que opera e ofrece os seus servizos ao público civil, non tendo ningunha relación coas forzas militares chinesas, polo que negan de xeito tallan que sexan unha compañía militar da China Comunista.

PUBLICIDADE