Xiaomi presenta un TV Stick con Google TV
mércores, 23 de xullo do 2025
O éxito do Chromecast levou a Google a levar este produto un paso adiante en 2020 integrando Google TV, o que permitÃa que tal pequeno engadido para o televisor puidese funcionar de xeito independente, cun mando de seu. Este produtos foron todo un éxito, pero Gogole decidiu deixar de vendelos tras o lanzamento do Google TV Streamer, unha versión mellorada, con maior tamaño e prestacións, pero tamén cun prezo moi superior (actualmente está á venda por 119 euros).
Os usuarios que queiran unha alternativa económica ao Google TV Streamer teñen actualmente a segunda xeración da Xiaomi TV Box S, que achegar reprodución multimedia 4K con HDR, 2 GB de RAM, 8 GB de almacenamento, Wi-Fi de dobre banda e o apreciado sistema operativo Google TV, que achega unha das mellores experiencias con aplicacións orientadas ao consumo audiovisual, e o seu prezo, aÃnda que inicialmente era de 69,99 euros, é actualmente de só 49,99 euros.
Pero este produto ten un grande pero, que é o seu formato, xa que consiste nunha caixa que hai que colocar sobre unha superficie plana, algo que non sempre é posible, de aà que Xiaomi veña de presentar a segunda xeración do Xiaomi TV Stick 4K, que presenta unhas prestacións equivalentes ás da Xiaomi TV Box S, pero cun tamaño de 107,4 x 30 x 14 milÃmetros e un peso de 44 gramos, polo que pode instalarse pendurado na parte traseira dun televisor.
Este novo dispositivo aÃnda non está presente na tenda española de Xiaomi, pero dado que a anterior xeración do Xiaomi TV Stick 4K aparece como esgotada e cun prezo de 69,99 euros, dá impresión de que a súa ficha se actualizará en breve para transformarse no trebello de nova xeración, o que basicamente supón dar o salto entre Android TV e Google TV, mellorando asà a experiencia de uso.
Lembremos que estes dispositivos resultan moi prácticos para usuarios que queren gozar dunha experiencia de Smart TV áxil, e cun catálogo de aplicacións moi amplo, que normalmente mellora aos sistemas integrados na meirande parte de televisores. Tamén son unha solución moi axeitada para actualizar televisores que deixaron de recibir actualizacións por parte dos seus fabricantes.

- O Xiaomi TV Stick 4K de segunda xeración pode instalarse na parte traseira do televisor
