Ya.com fusiona nun único terminal telefonÃa fixa e móbil
martes, 5 de decembro do 2006
Levamos varios meses vendo terminais de telefonÃa móbil que permiten a converxencia entre a telefonÃa fixa e a móbil, pero estabamos á espera de que algún operador os lanzase en España, e o primeiro vén de ser Ya.com, que comercializa o terminal T-One de Deutsche Telekom que permite facer chamadas de telefonÃa fixa dentro do domicilio do usuario (conectándose sen fÃos a unha base que establece as chamadas mediante VoIP) e que, ó atoparse fóra de cobertura, permite empregar o terminal como teléfono móbil, funcionando con tarxetas SIM de calquera operador.
Os 10.000 primeiros clientes que contraten o ADSL de 20 Mbps + chamadas de Ya.com recibirán o terminal TC300 de balde, tralo que o revolucionario dispositivo custará 195 euros. Amais do terminal, Ya.com tamén completa a súa promoción con 2 voos de ida e volta a España con Vueling (que neste caso se limitará ás 40.000 primeiras altas).
O novo terminal que combina telefonÃa GSM e VoIP mediante Wi-Fi inclúe unha pantalla de alta definición (65.000 cores), conexión de datos GPRS, cámara VGA integrada, navegador WAP 2.0, entre 160 e 240 minutos de autonomÃa en conversación e cun peso de 95 gramos.
