YouKioske.com permite o acceso de balde a centos de publicacións impresas
martes, 16 de febreiro do 2010
Cando dende DivX
ofrecÃan a plataforma Stage6 para cargar vÃdeos na web utilizando o seu popular
formato moitas foron as páxinas web que vampirizaban
tal servizo para ofrecer contidos audiovisuais vulnerando os dereitos de autor,
e esa mesma práctica trasládase agora ás publicacións impresas, de xeito que
espazos coma YouKioske.com
aproveitan a infraestrutura de Issuu para amosar publicacións en papel dun
xeito atractivo a través dun reprodutor en Flash para achegar revistas, libros,
comics e xornais escaneados de balde,
á vez que inclúen numerosa publicidade no sistema.
AÃnda que os contidos ofrecidos por YouKioske.com están dispoñibles en
Issuu.com, a súa localización directa é bastante difÃcil, de xeito que este
servizo facilita enormemente o acceso ás revistas e xornais que están
actualmente no quiosco, sumando máis de 3.500 publicacións, o que poderÃa
provocar un importante dano ás industria editorial.
O servizo poderÃa entenderse coma un «YouTube
de revistas e xornais», por estar alimentado polos seus
usuarios, aÃnda que neste caso destaca a ausencia absoluta de control do
respecto aos dereitos de reprodución das obras difundidas.

- YouKioske.com facilita o acceso a revistas actuais das que carece dos dereitos de reprodución, o que non impÃdelles acompañalas de moita publicidade
