YouTube estrea soporte de vídeo en 360 graos

venres, 13 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Durante o ano pasado foron varios os proxecto de micromecenado que querían facer un achegamento á gravación de vídeo en 360 graos, conseguindo bastante éxito dada a súa novidade, pero pasado o tempo continuamos sen ver contidos deste tipo con normalidade, o que pretenden arranxar dende YouTube, plataforma de vídeo que está a incorporar a tecnoloxía que facilite o goce de vídeo envolvento.
Dende hoxe YouTube permite que os usuarios poidan subir ao seu servizo vídeo en 360 graos, ofrecendo así un alto nivel de interacción, xa que o usuario poderá elixir a dirección á que dirixe a mirada durante a reprodución das gravacións (o que cobrará grande importancia de popularizarse cos castos de realidade virtual como o Oculus Rift ou o Project Morpheus de Sony.
Se vemos os contidos de 360 gramos no noso equipo de escritorio a experiencia non é efectiva, xa que amosa á vez en pantalla toda a área de vídeo rexistrada, de xeito que se queremos ter unha vista ordinaria e poder modificar o ángulo de visión de xeito táctil chegará con que probemos a última versión da aplicación de YouTube para Android (están a preparar para levar a funcionalidade a iOS.
As gravacións podemos facelas con cámaras comerciais como a Bublcam, a 360cam de Giroptic, a Kodack SP360 ou a RICOH THETA, que son compatibles con YouTube e polo momento é preciso empregar un script para que o vídeo poida procesarse axeitadamente.


Vídeo de proba da funcionalidade de vídeo envolvente

PUBLICIDADE