YouTube une forzas coa industria musical ante a revolución da IA
luns, 21 de agosto do 2023
Nos
últimos meses a intelixencia artificial xenerativa está a ter un impacto moi
grande no mundo da música, cunha grande incógnita sobre o regulamento legal desta
tecnoloxÃa que non está recollida nin amparada por dereitos de autor, o que
crea un grande conflito ao que YouTube está a reaccionar chegando a un acordo
con industria musical a través do que establecen
un principios sobre o uso da IA na música á vez que crean
unha incubadora con Universal Music Group.
Os principios que establecen son os seguintes:
1- A IA está aquÃ, e aceptaremos a responsabilidade xunto cos nosos socios
musicais (aseguran que só en 2023 os vÃdeos de YouTube sobre IA superaron os
1.700 millóns de reproducións).
2- A IA está a marcar o comezo dunha nova expresión creativa, pero debe incluÃr
proteccións axeitadas e desbloquear oportunidades para os socios musicais que
decidan participar.
3- Creamos polÃticas de contidos e unha organización de seguridade e confianza
lÃder na industria. Escalarémolos para afrontar os desafÃos da IA.
Temos asà que recoñecen o potencial da intelixencia artificial na creación
musical, de xeito que procurarán explorar novos camiños en vez de oporse a unha
revolución imparable; pretenden facer evolucionar a tecnoloxÃa de Content ID
que facilita a protección do copyright en YouTube; e tamén queren pór cancela ás
falsidades creadas mediante IA.