Zegona compra Telecable por 650 millóns de euros
luns, 27 de xullo do 2015
Tras a compra
de R por parte de Euskaltel parecÃa que o seguinte paso da compañÃa serÃa a
adquisición da asturiana Telecable, para xuntar nun único paquete aos
operadores de cable españois que mantiñan a súa autonomÃa, para a súa posterior
absorción por Vodafone como acontecera con Ono, pero este paso parece que vai
adiarse, xa que Zegona Communications, unha firma formada por dous executivos que
proveñen do grupo de cable británico Virgin, pechou
un acordo para a compra do 100% de Telecable por un importe de 650 millóns de
euros (10,33 veces o EBITDA logrado en 2014).
AÃnda que a compra de R realizarase cun mix
de efectivo e accións, nesta ocasión falamos dunha compra que se realizará totalmente
en efectivo. Zegona debutou no mercado bolsista londiniense en marzo, plataforma
que empregarÃa para obter os fondos para pagar a compra de Telecable mediante
unha ampliación de capital. A intención de Zegona é que Telecable poida cotizar
na Bolsa de Londres a partires do 14 de agosto.
Ao parecer a operación con Zegona por parte de Telecable responderÃa á boa
oferta económica presentada, xa que ao ser a compañÃa de cable máis pequena de
España non se esperaba que a cantidade que puidese pagar Euskaltel fose tan
xenerosa como a británica.