Zuckerberg declara nunha vista na que acusan a Meta de ser un monopolio
martes, 15 de abril do 2025
- Zuckerberg xunto a unha llama (animal que comparte nome co modelo de linguaxe de Meta)
Mark Zuckerberg, CEO de Meta, declarou nun xuÃzo en Washington no que a Comisión Federal de Comercio (FTC) pide que a empresa se desfaga de Instagram e WhatsApp, acusándoa de prácticas monopolÃsticas. A FTC argumenta que a compra de Instagram en 2012 e de WhatsApp en 2014 formou parte dunha estratexia para eliminar a competencia e manter a hexemonÃa de Meta nos «servizos persoais de redes sociais».
Durante o interrogatorio, o avogado da FTC, Daniel Matheson, fixo un percorrido pola historia de Facebook, destacando momentos clave como a transición ao móbil e a competencia con plataformas como Google+. Mostrou correos internos nos que Zuckerberg describÃa Instagram como unha ameaza e criticaba o atraso de Facebook Camera. Zuckerberg admitiu que desde 2006 é o principal responsable das decisións da empresa, pero minimizou a competencia entre Facebook e Instagram na época da adquisición.
A FTC sostén que Meta controla case o 80% do mercado, contando só con Snapchat e MeWe como rivais, mentres que Meta defende que a competencia é moito máis ampla, incluÃndo TikTok, iMessage e YouTube. O xuÃzo decidirá se Meta utilizou o seu poder de forma ilegal para manter a súa posición dominante.