nVIDIA presenta as gráficas GTX 1050 e 1050 Ti a prezos que parten dos 109 dólares
martes, 18 de outubro do 2016
Nos últimos meses nVIDIA lanzou unha serie de tarxetas
gráficas con arquitectura nVIDIA Pascal dirixidas principalmente a dotar aos
ordenadores persoais de potencia dabondo como para mover experiencias de
realidade virtual de xeito fluÃdo e xogos en ultra alta definición, pero desta
volta optaron por apuntar baixo en especificacións para conseguir un prezo moi
axustado, e asÃ
teremos as gráficas GeForce GTX 1050 a prezos que parte dos 109 dólares e as
GTX 1050 Ti que parten dos 139 dólares, ou sexa, que por un prezo asumible
será posible que un ordenador actual sexa capaz de correr os últimos videoxogos
en Full HD a 60 fotogramas por segundo estables.
Outro detalle salientable das novas gráficas é que só consumen 75 watts, de
xeito que son compatibles cun amplo abano de equipos informáticos (xa que non
precisarÃan dun conector externo de alimentación) e poden instalarse de xeito
doado, converténdose nunha boa opción para quen desexe actualizar a súa gráfica
por unha máis moderna.
As novas gráficas de nVIDIA comercializaranse a través numerosas marcas como
ASUS, Gigabyte, MSI, PNY ou Zotac, e as tarxetas con GTX 1050 Ti estarán
dispoñibles a partires do 25 de outubro, mentres que as GTX 1050
comezarán a venderse aproximadamente o 8 de novembro. Esta última gráfica serÃa
a máis básica, con 640 núcleos CUDA, 2 GB de GDDR5 e memoria a 7 Gbps, mentres
que a GTX 1050 Ti contarÃan con 768 núcleos CUDA, 4 GB de GDDR5 e memoria a 7
Gbps. En ambos casos poderÃan mover unha resolución de 7.680 x 4.320 pÃxeles a
60 cadros por segundo.
VÃdeo de presentación das nVIDIA GeForce GTX 1050