A 5G chegará a Simyo en xaneiro

xoves, 16 de novembro do 2023 Marcus Fernández

O mes pasado o operador de baixo custo de Orange, Simyo, activou as tecnoloxías VoLTE e VoWiFi, conseguindo así chamadas de máis calidade, e agora comeza a comunicar aos seus clientes que a finais de xaneiro pasarán a gozar da 5G, o que suporá a longo prazo melloras na cobertura móbil, maior velocidade de transferencia de datos (até 10 veces a velocidade da 4G) e incluso unha rede con menos interrupcións.
Estamos ante unha mellora moi agardada polos clientes da meirande parte dos operadores de baixo custo, que non quedan así descolgados do avance tecnolóxico na telefonía móbil, podendo así tirar proveito dos smartphones que se venden actualmente, que na súa meirande parte son compatibles coa 5G, polo que para moitos consumidores resulta frustrante adquirir dispositivos dos que non poden facer un uso óptimo.

PUBLICIDADE