A galega Iberian Games estrea unha aplicación móbil de creación musical

xoves, 30 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O editor galego de videoxogos Iberian Games non quere limitar a súa oferta de lecer electrónico aos videoxogos puros, senón que tamén está a explorar outro tipo de aplicacións móbiles, estreando hoxe mesmo a aplicación de balde MPC Crea Música, que podemos descargar de balde dende Google Play, contando tamén cunha versión de pagamento que elimina a publicidade.
Estamos ante unha ferramenta que permite facer música de balde mediante un controlador de produción musical virtual (MPC), que está dispoñible en varios idiomas (sen esquecer o galego), facilita a creación de dubstep cunha biblioteca de sons que permite editar os samples, amosa efectos visuais ao crear música, permite gravar a través do micrófono do noso dispositivo móbil, conta con máis de 30 samples para que elixamos os nosos preferidos, permite personalizar a mesa de sons e tamén permite a reprodución dos samples en bucle.
Temos así unha mesa MPC para música electrónica que podemos levar a todas partes e da que podemos facer uso de balde para disparar a nosa creatividade musical.


Vídeo de presentación de MPC Crea Música

PUBLICIDADE