Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AJE propón á Deputación de Lugo máis formación en redes sociais para a mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AJE propón á Deputación de Lugo máis formación en redes sociais para a mocidade

Redacción
Publicado: 09/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugowork-aje-.jpgA Deputación de Lugo reuniuse este luns coa Asociación de Empresarios Novos (AJE) para materializar de maneira conxunta as novas accións formativas de LugoWork, o plan de emprego xuvenil e participativo da provincia. O orzamento para o que se conta para é de 2 millóns de euros, acadados polo organismo provincial da Unión Europea a través da Escola de Organización Industria. LugoWork achegará en datas vindeiras recursos para mellorar o currículo dun mínimo de 300 mozos en paro. Logo da formación concederanse axudas económicas para a súa contratación.
Na xuntanza con AJE participou entre outros o deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón. De cara a ir dando forma á vindeira folla de ruta de LugoWork os representantes do organismo provincial e os da asociación coincidiron en salientar a importancia de fornecer formación sobre o ámbito comercial, sobre o uso de ferramentas de produtividade empresarial así como sobre técnicas e tecnoloxías para o seguimento do público e clientes e o seu mantemento no tempo.
AJE, ademais, fixo especial fincapé na importancia da formación dos profesionais en novas tecnoloxías, sobre todo no ámbito das redes sociais “clave para conseguir un maior rendemento empresarial”. Acerca da importancia de afianzar entre a mocidade un manexo profesional e empresarial das comunidades e as ferramentas 2.0, AJE engadiu que “o máis importante non é ter un grande coñecemento na materia, senón ser proactivo e implicarse á hora de aprender novas técnicas e recursos”.
A Deputación lembrou que con este de hoxe xa son 6 os encontros que a entidade mantivo con representantes de asociacións na contorna (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Fundación Laboral da Construción, Mulleres Empresarias da Provincia, APREVAR e AJE). Mañá martes, día 10 de maio, desenvolverase o encontro coa Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (AGESTIC); e o xoves, día 12 de maio, coa Asociación de Transformación da Madeira.
Rivera Capón animou a todos os empresarios a facer as súas propostas, que tamén se poden trasladar directamente dende Internet, en deputacionlugo.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?