Até 300 persoas asistirán este venres á Noite Galega das Telecomunicacións
xoves, 23 de outubro do 2014
Finalmente
este venres ás 20.00 horas celébrase no Gran Hotel da Toxa a que
sen dúbida é unha das nosas grandes citas anuais co coñecemento
avanzado e a vangarda tecnolóxica. Desta volta, cun marcado interese
polo que está a dar de si, no presente e no futuro a curto e medio
prazo, a frutífera interrelación TIC-saúde. Falamos da dezanove
edición da Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da
Información, organizada polo Colexio
Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de
Galicia, que este ano está dedicada á
sociedade dixital a eSaúde.
A previsión é que
participen nesta importante xuntanza arredor de
300 persoas, entre elas o conselleiro de Economía e Industria da
Xunta, Francisco Conde e a directora da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira.
Ademais
dos ámbitos das TIC e do tecido industrial e co obxectivo de extraer
o máximo contido da temática principal (a eSaúde), tamén estará
representada a área sanitaria autonómica a través da secretaria
xeral da Consellería de Sanidade, Josefina Monteagudo; e o xerente
do SERGAS, Antonio Fernández-Campa.
Como
vimos anunciando os días pasados, no transcurso da noite, ás 21,30
horas, procederase á entrega dos Premios Galicia das
Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que recoñecen o
labor das persoas e empresas “que demostraron o seu compromiso co
desenvolvemento das TIC ao longo de 2014”. Os sete gañadores desta
edición son os seguintes:
·
Premio Enxeñeiro
Gerardo García Campos á
mellor iniciativa empresarial no sector TIC, outorgado polo Colexio
Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de
Galicia, para Torus
Software Solutions SL.
·
Premio GRADIANT
á
mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2014 outorgado polo
Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación
de Galicia, para Francisco
Alberto Varela García, por Análise
xeoespacial para a caracterización funcional das infraestruturas
viarias en modelos de accesibilidade territorial utilizando sistemas
de información xeográfica.
·
Premio
INEO
ao produto ou servizo TIC máis innovador de 2014, outorgado polo
Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación
de Galicia, para a UTE
Everis-Coremain polo seu proxecto InnovaSIS,
Sistema integral de xestión de pacientes.
·
Premio
ao Mellor
Proxecto TIC con Beneficios Sociais
outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia, en colaboración coa Amtega, paran
InfoJC
S.L., polo proxecto, Dixesta:
Tecnoloxías innovadoras para a vida saudable.
·Premio
Acuntia
á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas
intelixentes de telecomunicacións, outorgado polo Colexio Oficial e
a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, para a
compañía R.
·
Socio de Honra 2014,
da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a
Cruz
Vermella de Galicia.
·
Enxeñeiro
do Ano 2014
do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia para Gil
Carlos Bernárdez Matovelle.
A Noite
A
Noite dará
comezo cun cóctel de benvida e un photocall
no que as autoridades e os galardoados cos Premios Galicia das
Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2014, posaran para
os reporteiros gráficos. A entrega dos premios, que presentará o
actor galego Javier Veiga, arrancará coa proxección dun vídeo e a
intervención do decano e presidente do Colexio Oficial e da
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón
Bermúdez de Castro. Unha vez entregados os galardóns, pronunciarán
unhas palabras o Enxeñeiro do Ano e o conselleiro de Economía e
Industria.