Axóuxere Games lanza a beta pública do seu novo xogo para Android
xoves, 11 de decembro do 2014
A pasada edición da
Feira dos Autónomos de Galicia celebrada en EXPOCoruña contou coa presenza
do estudio independente Axóuxere Games, onde permitiu ao público achegarse ás
súas creacións, permitindo incluso que probasen Colours,
tÃtulo que aÃnda está en fase beta e que, ante a presión do público, decidiron
publicar anticipadamente en Google Play para que os visitantes ao encontro
coruñés puidesen instalar o tÃtulo nos seus trebellos móbiles para levar asà a
diversión até os seus fogares.
Deste xeito xa podemos descargar de balde a beta pública de Colours, xogo que consiste en combinar
elementos da mesma cor en combinacións de dous, tres ou catro elementos,
acumulando puntos contra-reloxo, podendo recoller elementos que engadirán vantaxes
como tempo ou puntos (aÃnda que estes elementos tamén poden ser negativos).
Colours pode xogarse polo momento en
dúas modalidades: Acumulapuntos (realizar o meirande número de combos antes de que se esgote o tempo) e
Apágao (tendo que evitar que se acendan todas as lámpadas realizando combos de cor).
A aplicación está dispoñible polo momento en español, pero preparan a súa pronta
tradución ao galego e ao inglés.
- Colours conta con dúas modalidades de xogo