Comeza unha colleita de léxico tecnolóxico en galego

xoves, 14 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O 4 de novembro terá lugar unha Xornada pola Ciencia en Galego que busca defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicar á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencia científicas e tecnolóxicas pensadas e desenvolvidas en galego, sumándose a esta iniciativa a actividade Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego, que busca dar a coñecer e difundir vocabulario técnico na nosa lingua, podendo calquera persoa contribuír a través dun formulario no que podemos achegar terminoloxía en galego utilizada no campo da tecnoloxía, que empregarase o 4 de novembro na xornada antes comentada e que celebrarase en múltiples centros de ensino.
Segundo os responsables da Iniciativa o feito de afastar do galego no ensino de determinadas materias do ámbito científico-tecnolóxico pode provocar a perda de vocabulario propio, xa que as linguas abarcan todos os ámbitos e contextos. Para un bo coñecemento da lingua propia cómpre a súa utilización en calquera ámbito sen exclusión.

PUBLICIDADE