Detectan un troiano en copias pirata do iWork ’09 para Mac OS X

xoves, 22 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A firma de seguridade Intego publicou un boletín de seguridade advertindo que a través de BitTorrent están a circular copias do programa iWork ’09 para Mac OS X que inclúen un troiano coñecido coma OSX.Trojan.iServices.A, que se agocha no paquete adicional iWorkServices.pkg e que unha vez instalado conéctase a un servidor remoto a través da Internet, para que se poida tomar control do equipo remotamente.
Dende Intego recomendan non descargar versións piratas do iWork ’09, pois o risco de infección é serio e xa tería afectado a máis de 20.000 equipos.

PUBLICIDADE