Disney+ anuncia en EE.UU. medidas contra compartir contas

mércores, 7 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

En España puidemos ver como Netflix declaraba a guerra ás contas compartidas hai meses, e agora Disney+, anticipándose a unha importante suba de prezos, comeza a advertir aos subscritores estadounidenses a través de correo electrónico de que as normas do servizo non permiten compartir contrasinais, anticipando que nas vindeiras semanas tomarán medidas ao respecto.
Aseguran que as restricións a compartir contas chegarán a partir do 14 de marzo, e todo parece apuntar a que en España acontecerá o mesmo, xa que as normas do servizo indican expresamente que «non poderá compartir a súa subscrición fóra do seu fogar», matizando que se reservan o «dereito de analizar o uso da súa conta para determinar o cumprimento do presente contrato».
A entrada en aplicación da nova política de Disney+ chegaría uns días antes do lanzamento do servizo en España, ou sexa, lixeiramente antes da renovación de moitos contratos anuais, polo que parecen querer cubrirse legalmente antes de tomar medidas contras unha práctica estendida entre os seus subscritores actuais.

PUBLICIDADE