Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Kekotukos Origins, novo xogo formativo para iPad de emprendedores lugueses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Kekotukos Origins, novo xogo formativo para iPad de emprendedores lugueses

Redacción
Publicado: 15/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

equipo_kekotukos_1_.jpgA nacente empresa de Lugo, Kekotukos, asesorada virtualmente polo viveiro de empresas da Fundación CEL–Iniciativas por Lugo, vén de engadir ao mercado dos xogos educativos para iPad Kekotukos Origins, a primeira app que oferta esta startup, pensando desenvolvemento de produtos dixitais. Kekotukos Origins, xa dispoñible para descarga en App Store a un prezo de 2,99 euros, é só o primeiro dunha serie de xogos que a empresa luguesa quer crear dentro do seu proxecto de Universo Infantil Dixital Kekotukos: lecer educativo para nenos de entre 2 e 12 anos.
Os emprendedores promotores deste proxecto, Pablo Encabo e Eduardo Veiga, levan traballando dende comezos de 2015 cos seus colaboradores e sinalan que esta aplicación está concibida para crianzas prelectoras, de entre 2 e 7 anos de calquera país (non inclúe carga textual, o que elimina a barreira idiomática). Introduce aos pequenos nun mundo de conto no que os seus protagonistas, uns extraterrestres denominados tukos, viaxan dende o seu planeta Tukón á Terra onde coñecen a Keko, o protagonista. Os nenos terán que axudar a Keko no seu intento de ensinar aos tukos a vivir correctamente neste planeta e a atopar a un compañeiro que perderon.
ip-12-minijuegos.jpgKekotukos Origins está composta por doce mini-xogos diferentes, nos cales os máis pequenos poderán converterse nos pilotos dunha nave espacial, xogar ao agocho a medianoite, explorar bosques e camiños, resolver enigmas, aprender a tocar o piano ou cociñar bocadillos, entre outras actividades.
A app está deseñada para fomentar a imaxinación do neno e o progreso dalgunhas das súas capacidades máis importantes: motricidade, discriminación visual, cognición e lóxica. Intuitiva, pode xogarse con ou sen a supervisión dun adulto e a súa dificultade é, ademais, adaptativa: vai evolucionando de maneira progresiva segundo mellore o neno. Inclúe amais informes para pais en tempo real: os adultos poden consultar a evolución das capacidades dos cativos.
Kekotukos pretende seguir medrando a través da creación de novas aplicacións multiplataforma, contido multimedia e outros recursos educativos.
O lanzamento máis inmediato será o de Kekotukos Surprise, dirixida a cativos que están a comezar a ler e onde se lles ensinan os seus primeiros conceptos en español e inglés xunto coa súa correcta pronuncia. Amais de en iOS, Kekotukos Surprise tamén estará dispoñible para descarga en Android.


Tráiler de Kekotukos Origins

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?