Google+ estrea un deseño orientado ás Comunidades e ás Coleccións

martes, 17 de novembro do 2015 Marcus Fernández

No verán Google admitía que Google+ non conseguiu callar como plataforma social, polo que iniciou a súa desintegración sen chegar a facer desaparecer a marca, pero transformándoa nalgo diferente, centrándose en prestacións de recente incorporación como as Coleccións de Google+. Encamiñado xa o novo rumbo, convidan agora a probar o novo Google+, que como se viña dicindo pretende destacar dúas funcións moi en concreto: as Comunidades e as Coleccións.
O novo deseño de Google+ supón unha clara simplificación da plataforma, que agora só tería 5 grandes seccións no seu menú lateral: Inicio, Coleccións, Comunidades, Perfil e Contactos, deixando claro que xa non busca ser unha alternativa a Facebook (e achegándose máis á práctica de compartir contidos que vemos en Twitter). Para poder ver esta nova estética de Google+ chega con aceptar o cambio á nova interface cando entramos en Google+, o que abriranos a porta a un deseño responsive, que funciona axeitadamente no escritorio e en dispositivos móbiles xa que está optimizado para pantallas de distintos tamaños.
Aínda que as prestacións nas que agora se centra Google+ son atractivas e funcionan satisfactoriamente, non parece que sexan dabondo para captar a atención nesta plataforma, que nos últimos meses conseguir quedar na máis absoluta irrelevancia, empregándose unicamente por certos nichos de usuarios que atopan útil estas ferramentas para compartir contidos e relacionarse entre eles.

O novo Google+ está adaptado a distintos tamaños de pantalla

PUBLICIDADE