SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

NoLesVotes publica un mapa da corrupción política en España

luns 21 de febreiro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A iniciativa cidadá NoLesVotes, nacida en oposición ao PSOE, o PP e CiU por apoiaren a chamada Lei Sinde está a ir máis aló de xuntar adhesións á súa causa, e para gañar visibilidade veñen de crear o Corruptómetro, un mapa empregando a tecnoloxía de Google no que sitúan os casos de corrupción política dos partidos políticos contras os que fan campaña. Estamos ante unha ferramenta colaborativa (en formato wiki), de xeito que os partícipes desta iniciativa están a contribuír a alimentala de xeito que paulatinamente vai achegándose aos 100 casos de corrupción xeolocalizados (incluíndo en numerosas ocasións ligazóns á prensa para poder ampliar información sobre cada caso).
Con este mapa os promotores deste proxecto vivo buscan sumar argumentos para retirar o apoio nas urnas aos grupos políticos que apoiaron a aprobación da Lei de Economía Sustentable coa polémica disposición final segunda a través da que se crea a Comisión de Propiedade Intelectual que poderá pechar páxinas web que vulneren a propiedade intelectual mediante un procedemento que moitos non consideran garantista.
Velaquí o mapa da corrupción en España:
Ver Mapa de Corrupción por Partidos Políticos en un mapa más grande

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS