O 93,5% dos smartphones vendidos en España funcionan con Android

luns, 29 de abril do 2013 Marcus Fernández

Kantar Worldpanel ComTech está a publicar información sobre a cota do mercado dos smartphones durante o primeiro trimestre de 2013, reflectindo a boa saúde de Android e iOS, así como unha prometedora evolución de Windows Phone en EE.UU. (que pasou dunha cota de mercado do 3,7 no mesmo período do ano pasado a un 5,6%), mentres que no mercado norteamericano podemos ver o desplome de Symbian (0,2%) e BlackBerry (0,9%). Cómpre destacar en nos EE.UU. temos unha situación bastante distinta ao resto do mundo, pois aínda que Android lidera o sector co 49,3% das vendas de smartphones, o sistema operativo promovido por Google está a moi pouca distancia do de Apple (que chega ao 43,7%).
De feito, se atendemos ao caso español a situación é radicalmente distinta, con Android ocupando xa o 93,5% das vendas de smartphones, mentres que iOS queda nun testimonial 3,2%. Tamén é moi cativa a presenza de Symbian (1,5%), Windows Phone (1,3) e BlackBerry (0,2%), sendo especialmente pronunciada a caída de RIM e Symbian, que tiñan unhas cotas de mercado do 7,8 e 8,1% respectivamente.
A tendencia de crecemento de Android, mentres se erosiona iOS e derrúbase BlackBerry parece unha constante global, coa excepción do Xapón, onde Apple sorprende superando a Android.