Teremos Apple Watch en España o 26 de xuño

xoves, 4 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Na páxina web de Apple xa figura a data de lanzamento española do seu reloxo

Tras unha longa espera, por fin hai data para a chegada do Apple Watch, confirmando Apple que o vindeiro día 26 teremos o seu agardado reloxo en Italia, México, Singapur, Corea do Sur, Suíza, Taiwán e España. Será posible adquirir o reloxo na tenda en liña de Apple, nas Apple Stores e a través de distribuidores autorizados de Apple.
O vice-presidente senior de operacións deApple, Jeff Williams recoñeceu que a demanda do Apple Watch foi moi superior ao esperado, de aí que a súa distribución internacional adiouse considerablemente, pero tras axustes na produción conseguiron atender todos os pedidos realizados durante marzo, coa excepción dos reloxos de 42 milímetros con caixa de aceiro inoxidable negro espacial e pulseira de elos no mesmo ton, que non se enviarán até dentro dun par de semanas. Williams tamén asegura que nun par de semanas espera que nalgunhas tendas de Apple sexa posible adquirir os reloxos presencialmente (até o momento só era posible mercar os reloxos a través da Internet por problemas de stock).

PUBLICIDADE