O mes que vén botará a andar un OMV baixo a marca Jiayu

luns, 16 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Nun momento no que Bq ten serias dificultades para manter posicións no mercado e o sector da telefonía móbil está a tender á concentracións sorprende a nova de que uns empresarios valencianos mercaron a marca chinesa de dispositivos móbiles Jiayu para a súa explotación europea e teñen incluso previsto lanzar un Operador Móbil Virtual (OMV) chamado Jiayu Mobile o vindeiro 1 de febreiro, que operaría coa infraestrutura de MásMóvil, compañía coa que xa tería chegado a un acordo.
Esta nova empresa terá capital 100% español e tributará integramente en España e supón un importante paso adiante para unha compañía que até o momento limitábase a distribuír móbiles Jiayu en España, chegando a abrir tendas físicas en Madrid, Valencia e Barcelona, así como en Portugal. Agora tamén pretende abrir sedes en Zaragoza e Bilbao e ir incrementando os seus puntos de venda progresivamente.
As tendas de Jiayu comercializarán tanto os smartphones da marcha chinesa como os servizos do novo operador de telefonía móbil, facilitando o pagamento fraccionado de terminais.

PUBLICIDADE