O sistema de realidade virtual HTC Vive tardará máis do esperado en chegar ao mercado

venres, 28 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Esperábase que o sistema de lentes de realidade virtual desenvolvido por HTC e Valve, Vive, vese a luz en breve, pero o produto está a experimentar retrasos e aínda que levan dende maio distribuíndo kits de desenvolvemento, aínda están a atender as solicitudes iniciais, pois hai uns 10.000 interesados en recibir un kit de Vive de balde, confirmándose xa o desenvolvemento de 80 títulos compatibles con Vive.
Agora aseguran que, aínda que a finais de ano lanzarán comercialmente Vive, o número de unidades dispoñible será moi limitado, de xeito que non se espera unha boa distribución até o primeiro trimestre de 2016.
As HTC Vive sería unha solución de realidade virtual semellante ás populares Oculus Rift, que destacarían por desenvolverse en colaboración con Valve, de xeito que estas lentes estarían equipadas con SteamVR, de xeito que serían compatibles con numerosos videoxogos para PC. O sistema consisten nunha pantalla de 1.200 x 1.080 píxeles diante de cada ollo, cunha velocidade de refresco de 90 imaxes por segundo, o que permitiría crear unha sensación realista dos mundos virtuais que se xerasen por ordenador que grazas aos sensores de movemento integrados no sistema (xirosensor, acelerómetro e sensor de posición láser) reaccionarían conforme ao punto de vista do usuario, conseguindo somerxer ao usuario na experiencia virtual e que, de combinarse o HTC Vive con dúas estacións base Steam VR para facer un seguimento da ubicación física (nun espazo de 4,5 x 4,5 metros) poderíase incluso permitir que o usuario puidese erguerse e moverse dentro do mundo virtual). O sistema tamén ten prevista a súa complementación con mandos VR ergonómicos para cada man, o que permitiría o uso de obxectos virtuais e a interacción co mundo virtual simulando unha ampla variedade de actividades e interaccións.

Vídeo promocional do HTC Vive

PUBLICIDADE