OnePlus cancela un concurso sexista

mércores, 13 de agosto do 2014 Marcus Fernández

A empresa chinesa OnePlus, que comercializa un dos smartphones máis atractivos do mundo pola súa relación calidade-prezo, parece ter serios problemas á hora de atopar o equilibrio entre a promoción e a sensibilidade do público, e despois da súa campaña na que convidaban a esnaquizar un smartphone de alta gama para facerse cun OnePlus One (considerada como un acto de soberbia, que levounos a permitir que os aspirantes puidesen doar os terminais en vez de estragalos) agora volven liala ao lanzar un concurso baixo o lema de Ladies First, no que permitían que as mozas que mandasen fotografías (nas que se vise o logotipo de OnePlus) que recibisen moitas votacións puidesen mercar un OnePlus One sen precisar de invitación, o que claramente se considerou como unha iniciativa sexista e degradante.
Ante o rexeitamento desta promoción de OnePlus a compañía veuse forzada a retirar a campaña, que por outra banda non estaba a conseguir atraer ao público feminino á marca, pois limitábase a recibir imaxes tratadas con Photoshop e incluso unha imaxe dunha moza que mandaba acenos ofensivos á marca tras pintar nunha man o seu logotipo e na outra un texto na que os instaba a non ser sexistas.
Dende OnePlus recoñeceron o erro, culpando a un pequeno grupo de traballadores da súa compañía por lanzar a iniciativa dende os seus foros, admitindo que o seu esforzo non tivo bos resultados e asegurando que a compañía está totalmente en contra da imaxe que transmitiu a campaña retirada.

A campaña Ladies First conseguiu a reacción contraria á pretendida dende OnePlus: en vez de atraer ao público feminino, provocou rexeitamento entre o mesmo

PUBLICIDADE