
Así, ditaminouse que os merecedores do primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos, foron tres alumnos do IES Perdouro de Burela (Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicacións) titorados pola profesora Marga López. Falamos dos rapaces Raúl González Moirón, Sony Monteiro Lopes da Silva e Francisco Javier Díaz Soto.
De xeito paralelo, os vencedores da modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria foron os estudantes Javier Carou Trigo, Marcos Daporta González, Diego Cores Fontenla e Samuel Gómez Pintos, do IES Francisco Asorey de Cambados, con 57 puntos. O seu titor é o profesor de Tecnoloxía do devandito centro cambadés, Ricardo Paredes.
Como dixemos, con esta actividade preténdese achegar aos nosos alumnos e alumnas o eido da robótica e aproveitar a súa “maxia” para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. O certame veu con feitura de obradoiro, unha actividade a desenvolver baixo o epígrafe A maxia da robótica e na que participaron estudantes de toda a nosa xeografía, abordando en grupos a montaxe e programación dun robot móbil cun kit de Lego, tarefa para a que se fixou o requirimento de facelo en menos de unha hora. Na fase de preparación, aprendeuse aos alumnos a linguaxe da robótica e o manexo dos robots. O palmarés quedou deste xeito:
· Categoría Secundaria Obrigatoria
1º premio : IES Francisco Asorey – 57 puntos
2º premio: empates de 50 puntos: IES A Cachada de Boiro, IES de Tomiño (3), IES Canido de Ferrol
· Categoría BAC e Ciclos
1º premio: IES Perdouro de Burela – 54 puntos
2º premio : IES Pontepedriña de Santiago – 50 puntos
3º premio: IES Sofía Casanova de Ferrol – 46 puntos, empatado co IES de Sabón de Arteixo
Os IES de Burela e Cambados, primeiros na quinta edición do Concurso Galego de Robótica
Compartir Este Artigo
