Os videoxogos de onte e hoxe gañan peso en ExpOtaku
venres, 20 de maio do 2011
- Nintendo non faltou á cita para permitir ao público probar a súa nova consola portátil
Dende hoxe e ata o domingo
EXPOCoruña acolle o II Salón do
Manga de Galicia ExpOtaku, evento ao que asisten seareiros do anime, os
videoxogos, o cosplay e a cultura nipona,
e aÃnda que o manga e o anime deberÃa ser o centro deste encontro, nesta
edición medrou de xeito importante a presenza dos videoxogos e da informática
clásica, seccións que captaron moita atención por parte do público, confirmando
que o lecer electrónico é un dos piares da cultura da mocidade.
Máis aló da zona de expositores comerciais podemos atopar un amplo expositor de
Nintendo no que poder probar a nova Nintendo 3DS e aprender a tirar proveito de
algunhas das súas funcións (como a realidade aumentada) con axuda do persoal
alà presente, experiencia que axudará aos asistentes para decidir se mercar ou
non a nova consola portátil que aÃnda que inicialmente sorprende pola súa
pantalla 3D sen lentes, dá moito máis de si.
- Algúns dos equipos que se poden ver en EXPOCoruña son auténticas pezas de museo achegadas pola A.U.I.C.
Os seareiros dos videoxogos tamén poden competir contra os seus amigos en
distintos xogos de loita actuais, ou incluso achegarse a unha serie de consolas
clásicas entre as que están algunhas tan representantivas como a Nintendo 64, a
Dreamcast, a NES e a Megadrive, o que permite as novas xeracións botar un ollo
a esta sección retro da que gustarán
especialmente os asistentes de maior idade, pois o factor nostálxico que ten
ver estas máquinas totalmente operativas e poder botar unha partida ás mesmas
poden chegar a facer botar unha bágoa a máis de un. Amais, esta sección está
reforzada coa exposición dunha serie de ordenadores clásicos, auténticas pezas
de museo achegadas pola Asociación de Usuarios de
Informática Clásica (A.U.I.C.) como anticipo de RetroCoruña 2011,
evento que este ano chega á súa terceira edición e que terá lugar o 2 de xullo
no Pavillón Municipal de Deportes de Sada.
Coma colofón desta febre nostálxica, no centro de todas estes equipos temos
unha máquina recreativa caseira, que corre un tÃpico emulador de máquinas
recreativas, e que congrega a numeroso público ao seu redor que parece
encantado de replicar a experiencia de acudir a unha sala de videoxogos (tipo
de local en perigo de extinción).
Dentro do programa do encontro, nesta zona de videoxogos terán lugar torneos de
Super Street Fighter IV, Mortal Kombat IX e Marvel vs Capcom 3 durante o sábado, e de Super Smash Bros Brawl o domingo.
Tamén cómpre destacar que o sábado ás 12:00 horas terá lugar un obradoiro de
radio podcast impartido no espazo de Cuac FM (radio comunitaria de A Coruña, na
que se emite o popular podcast de
videoxogos El Complejo Lambda).
- Durante ExpOtaku teñen lugar numerosos torneos de videoxogos
- Múltiples consolas clásicas poden probarse en ExpOtaku
- Os nostálxicos poden chegar a soltar unha bágoa ao poder xogar a algúns tÃtulos con varias décadas de vida
- A A.U.I.C. achegou ao evento numerosos ordenadores clásicos
- No recinto podÃa verse unha máquina recreativa caseira que captaba moita atención